martes, 10 de outubro de 2023

ERSAMUS DAYS

Co fin de que toda a comunidade educativa do IES de Arzúa, así como todas aquelas persoas interesadas na internacionalización escolar, coñezan o programa Erasmus+ ‘Camiños de Europa’, o IES organizará a xornada de portas abertas ‘Apodérate nos Camiños a Europa’. Estaremos cun stand informativo tanto na entrada do noso IES como na praza maior da vila. Esperámosvos!

ERASMUS DAYS

mércores, 4 de outubro de 2023

ERASMUS+ EN DINAN

Fin da nosa estadía en Dinan. O venres foi o noso último día no colexio Roger-Vercel. Consideramos que foi unha experiencia profesional e cultural de moito proveito. Esperamos transmitir as nosas aprendizaxes cunha finalidade de mellora na nosa práctica docente…!!!!

Copia de Copia de Diseño sin título

ERASMUS+ EN DINAN

O mércores e o xoves fomos ás clases de español, francés, inglés e tamén a unha clase para alumnos alófonos, alumnado inmigrante que non fala francés. Resultounos moi interesante interactuar con eles e coñecer as súas experiencias nos seus países de orixe. Tamén estivemos nunha clase de apoio para alumnos con moitas dificultades, chamada “Modules aides” de 1º eso (cinquième) onde se traballa dun xeito moi especial para adquirir hábitos de aprendizaxe. Observamos un alumnado moi disciplinado no trato co profesorado e participativo nas clases. Aproveitaron para facernos preguntas sobre o noso sistema educativa, o noso centro e sobre nós. Pola nosa parte, tivemos a oportunidade de movernos entre o alumnado e prestar a nosa colaboración na aula. No tempo libre puidemos coñecer a fondo esta cidade, destacando a Torre do Reloxo (La Tour de l’Horloge) e o Castelo de Dinan (Le Château de Dinan).

Erasmus + Dinan (Website)

Erasmus 24 (4)

No cuarto día da Nosa mobilidade Erasmus+, o alumnado da delegación de Taranto asistiu á clase de economía mentres que os de Opava estiveron...