mércores, 27 de setembro de 2023

Erasmus+ en Dinan

Seguimos co noso segundo día de aprendizaxe por observación (job shadowing) en Dinan, vila medieval preciosa da Bretaña francesa duns 14.000 habitantes. Hoxe, comezamos ás 7h45 coas clases de Inglés, Matemáticas, Xeografía e Historia e novamente Inglés para alumnos con dificultades de aprendizaxe. Pola mañá, o alumnado ten catro horas de clase, rematan as 12h00 para comer e retoman as clases ás 13h25 ata as 16h30. Encantounos coñecer as diferentes maneiras de ensinar de cada profesor así como as metodoloxías empregadas e puidemos reparar como avalían por competencias e prestan axuda a aqueles alumnos que o precisan. Hoxe puidemos compartir o comedor co director do colexio, a coordinadora Erasmus Nadia e o profe de inglés James. Pola tard, fixemos unha percorrido moi interesante por Dinan e arredores.

Erasmus Francia

Erasmus+ en Dinan

Hoxe foi o primeiro día de clase. As 7:30!!!!. Recibiunos Nadia, a coordinadora ERASMUS. O "Collège Roger-Vercel" onde estamos é un centro de secundaria (11 a 15 anos), que globalmente podíamos dicir que é similar en tipo alumnado e medios ao edificio da ESO do IES de Arzúa. O edificio é de pedra cunha parte mais nova onde están a maioría das aulas e o pavillón. Hoxe fumos a clases de Inglés e de Xeografía en distintos niveis. Tivemos a oportunidade de conversar en francés e en inglés co alumnado, que nos fixo preguntas en ambos idiomas. tamén puidemos observar o modo de traballar do profesorado, con moitas similitudes pero tamén con diferencias respecto ao noso traballo en Arzúa.

Erasmus Francia 2

Erasmus+ en Dinan (Francia)

Chegamos ben ao noso lugar de destino despois de facer unha parada en Nantes e Rennes. Enviamos algunha foto de Dinan e tamén probando a gastronomía local "les galettes au sarrasin"!

Erasmus Francia

1ª Reunión Erasmus Curso 23-24

Empeza o curso académico e o Equipo Erasmus do noso IES comeza coas reunións de traballo co fin de organizar as actividades e mobilidades para os vindeiros meses. Tamén se leva a cabo o proceso de selección do alumnado de 1° de BACH que participará nas actividades Erasmus en Italia, Francia e República Checa. Esto non fai máis que empezar e xa estamos a tope.... Aproveitamos para convidar á participación de toda a comunidade educativa do noso IES no Proxecto Erasmus. @iesdearzua #iesdearzua @ edu.xunta @fpgalicia @fpdual_galicia @eduemprende @fpinnova @educaciongob @planderecuperacion @educaciongob @erasmusplusproject
1ª REUNIÓN ERASMUS

Erasmus 24 (4)

No cuarto día da Nosa mobilidade Erasmus+, o alumnado da delegación de Taranto asistiu á clase de economía mentres que os de Opava estiveron...