xoves, 27 de abril de 2023

3° Erasmus + en Chequia Teresa y Lupe

 

Segundo día de jobshadowing en República Checa, na escola de formación profesional Masaryk especializada en formacións de nivel superior: liceo ambiental, química, empresa agraria e formación básica en xardinaría, floraría, produción vexetal e gandeiría. Contan con máis de 600 alumnos e alumnas e unhas instalacións e equipamentos de alto nivel. Destacan: talleres agrarios, maquinaria agrícola e tractores, finca de cultivos e prácticas, granxa para diferentes especies (cabalos, aves, coellos, ovellas e cabras), invernadoiros, tenda agraria e floraría... así como aularios, laboratorios de física, química e bioloxía, ximnasios, zona de lecer... A plantilla de profesorado é de 68 persoas e as nosas profesoras participaron nunha clase práctica de bioloxía no laboratorio.
2° día Erasmus + en Chequia Teresa y Lupe

 

Xian e damian, os alumnos de CM de Aproveitamentos forestais e conservación do medio natural, facendo a súa estancia de prácticas de empresa a través do programa Erasmus+ KA102 en Frosinone, Italia. Axudando no traballo diario aos gardas forestais na Reserva Natural do Lago di Posta Fibreno e facendo visitas de educación ambiental. Unha moi boa experiencia para o noso alumnado de Ciclos formativos.
Erasmus + en Italia 🇮🇹

martes, 25 de abril de 2023

 

Primeira xornada do jobshadowing Erasmus+ na República Checa. As profesoras Lupe e Teresa, coñeceron de primeira man o sistema educativo deste país nun instituto checo na cidade histórica de Opava, capital de Silesia. Foi o propio alumnado de terceiro curso o encargado de presentalo, xunto cos seus proxectos e dúas das alumnas lles fixeron unha visita guiada polo centro histórico. Ambas profesoras tamén participaron das clases de español e inglés, presentando o noso IES e colaborando na docencia.

Erasmus + en Chequia Teresa y Lupea

 

O alumno Daniel, de FPB de Servizos Administrativos tamén se foi de Erasmus para realizar o periodo da FCT.
O seu destino foi Reading (UK) e ali vai desenvolver a formación laboral nunha empresa de marketing e ventas, ACES Organisation.
No periodo de acollida o acompaña a súa titora, Laura Benavente, que voltará, o xoves, de novo ao IES de Arzúa.
@iesdearzua #iesdearzua @edu.xunta @educaciongob @planderecuperacion #xacobeo2022 @educaciongob @europeancommission @fpgalicia @fpdual_galicia @erasmusplusprojects @sepie_gob @acesorganisation

Erasmus + en Londres

luns, 24 de abril de 2023

IES de Arzúa tour. Presentación do noso centro.

O alumnado de 2º de Bacharelato e o profesorado participante no Equipo Erasmus+ participou na

 elaboración deste vídeo que fai unha presentación detallada do noso centro. Esperemos que

 vos guste. A peza de 7 minutos pode servir para visibilizar e promocionar o IES de Arzúa entre 

nós e entre as escolas estranxeiras ou institucións que traballen ao abeiro do noso programa 

Erasmus+ “Camiños de Europa” ou calquera outro proxecto ou programa nos que estea inmerso

o centro.

 O alumnado de 2º de Bacharelato introduciu nas diferentes tomas os espazos máis 

representativos do IES de Arzúa nas tres linguas estranxeiras ensinadas no centro: portugués,

francés e inglés. Agradecemos inmensamente o excelente traballo e esforzo deste alumnado, 

grazas por promocionar o centro alén dos seus muros! 


martes, 18 de abril de 2023

Atenas


A pasada Semana Santa levouse a cabo unha experiencia de "job-shadowing" por parte de profesorado do IES de Arzúa no Model Upper Secondary School of Agioi Anargyroi (Atenas), ao abeiro do programa Erasmus+.
Ao longo desta estadía puidemos compartir propostas pedagóxicas, así como solucións para problemas globais que nos afectan a todxs.
Tal e como reza o noso lema Erasmus, esta experiencia serviu para abrir mentes e, asemade, invitar aos novos/as amigxs gregos a visitar o noso centro o vindeiro curso.

Grecia - Atenas

Mobilidade erasmus TARANTO

    As compañeiras Alicia de inglés e Cristina de economía, ultiman detalles cunha reunión virtual con Annamaria, representante do Liceo Ferraris. Farán estadía combinada de jobshadowing e impartirán ensinanza a alumnos de cuarto ano(17 anos). Liceo Ferraris imparte ensinanzas de: Liceo Scientifico con Scienze Applicate, Liceo Linguistico, Liceo Classico Quinto Ennio. Moita sorte e disfrutade da estadía.






 

Erasmus 24 (4)

No cuarto día da Nosa mobilidade Erasmus+, o alumnado da delegación de Taranto asistiu á clase de economía mentres que os de Opava estiveron...