Segundo día de jobshadowing en República Checa, na escola de formación profesional Masaryk especializada en formacións de nivel superior: liceo ambiental, química, empresa agraria e formación básica en xardinaría, floraría, produción vexetal e gandeiría. Contan con máis de 600 alumnos e alumnas e unhas instalacións e equipamentos de alto nivel. Destacan: talleres agrarios, maquinaria agrícola e tractores, finca de cultivos e prácticas, granxa para diferentes especies (cabalos, aves, coellos, ovellas e cabras), invernadoiros, tenda agraria e floraría... así como aularios, laboratorios de física, química e bioloxía, ximnasios, zona de lecer... A plantilla de profesorado é de 68 persoas e as nosas profesoras participaron nunha clase práctica de bioloxía no laboratorio. 2° día Erasmus + en Chequia Teresa y Lupe
Ningún comentario:
Publicar un comentario