Excelente acollida do Direttore da Riserva Naturale Regionale Lago di Posta Fibreno, Antonio Lecce ás profesoras de Erasmus + en Italia do IES de Arzúa: Susana Novo, Silvia Mira e Montserrat Pita. Gozaron dun paseo polo lago acompañadas polos estudantes de aproveitamento e conservación do medio natural, Damián Ramos e Xián Barreiro, que están facendo as súas prácticas de ciclo a través do programa Erasmus+.
Tiveron a oportunidade de observar especies características da reserva como cola de cabalo, mergullón cristado, galiñola negra, pita de auga, oliveira... e outras propias de humedais. Tamén viron trampas para estudar e reducir a poboación de porco bravo. Hoxe non houbo sorte pero procurarán atopar osos no Parque Nacional dos Abruzos, no corazón dos Apeninos Centrais. Mañá serán recibidas no centro educativo IIS Medaglia d´Oro Cassino e na Azienda Agrícola Cervelli.
Ningún comentario:
Publicar un comentario