Estes días de finais de xuño están a ser un fervedoiro de noticias e información
para o noso proxecto Erasmus+ e o Plan de Internacionalización do noso centro.
🔥😊Por unha banda, recibimos con agrado por parte da Unión Europea o orzamento
de 30.894 euros que nos permitirán desenvolver as mobilidades e actividades do
noso proxecto Erasmus+ ‘Camiños de Europa’ no próximo curso 2023-24. Alén diso,
o IES de Arzúa estivo ben representado os días 26 e 27 de xuño nas Xornadas
Iniciais de proxectos de mobilidade Erasmus+ KA121 en educación escolar,
organizadas polo Servizo Español para a Internacionalización da Educación
(SEPIE) e onde os nosos coordinadores tiveron a oportunidade de afondar nos
elementos clave dos proxectos europeos de educación escolar e de ampliar a rede
de contactos e difundir o noso centro no ámbito de Erasmus+ a nivel estatal.
Erasmus+ de Patricia
Ningún comentario:
Publicar un comentario