Nestes últimos días de maio desenvolvemos unha nova actividade formativa do noso proxecto Erasmus+ 'Camiños de Europa’. Tratábase dunha mobilidade individual onde contamos co experto convidado Pedro Morais, profesor da Universidade de Coimbra e director da Associação Portuguesa de Ecoturismo. A formación estaba destinada a alumnado de diferentes niveis educativos e tiña diferentes liñas temáticas, todas relacionadas coa ecoloxía e o patrimonio natural. No marco dos obxectivos Erasmus de melloría lingüística, cultural e medioambiental, a formación foi realizada en lingua portuguesa. Constatamos que o alumnado non só comprendía, senón que en xeral participaba activamente. Polas tardes, várias persoas do noso equipo Erasmus convidaron o noso experto a varias saídas polos arredores de Arzúa onde tivemos a ocasión de coñecelo en profundidade e de mostrarlle espazos emblemáticos do noso concello, como Ribadiso, Boente, o Enredo do Abelleiro e a fervenza das Hortas. Foi unha experiencia moi enriquecedora tanto para alumnado como profesorado e esperamos poder seguir ofrecendo actividades semellantes no futuro.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
-
Fin da nosa estadía en Dinan. O venres foi o noso último día no colexio Roger-Vercel. Consideramos que foi unha experiencia profesional e cu...
-
Sábado 4 de maio : Para comezar a nosa viaxe saímos do aeroporto de Alvedro da Coruña ás 13:45 cara a Madrid. Logo de comer atropeladamente ...
-
Excelente acollida do Direttore da Riserva Naturale Regionale Lago di Posta Fibreno, Antonio Lecce ás profesoras de Erasmus + en Italia d...
Ningún comentario:
Publicar un comentario