Nas imaxes do resumo dos últimos días en Florencia vedes que a inmersión cultural levounos a preparar un menú italiano completo con antipasti, primi piatti e dessert. O chef, Fabrizio, ensinounos todo o proceso de elaboración da pasta, neste caso ravioli, tamén fixemos un entrante de 'pomodori', queixo e outras verduras e tiramisú. Puidemos comprobar como as aulas nos axudaron a entender moito mellor o italiano e a poder comunicarnos con construccións sinxelas. Pola tarde aproveitamos para visitar o museo dos Uffici e ver ao vivo obras que temos explicado en clase tantas veces: A primavera e o nacemento de Venus de Botticelli, e de outros autores como Giotto, Tiziano, Rafael, Da Vinci, Caravaggio... E o cadro de Artemisia Gentileschi que caeu este ano nas ABAU en historia da arte!
Ningún comentario:
Publicar un comentario