mércores, 20 de decembro de 2023
Erasmus en Tarento
mércores, 29 de novembro de 2023
Picasso Mob - Erasmus+
O luns 20 de novembro tivo lugar a despedida de Émilie, estudante francesa procedente do instituto “Lycée Carnot” ubicado en Dijon na rexión de Borgoña, en Francia. Émilie acompañounos durante catro semana dende o pasado xoves 26 de outubro ata o martes 21 de novembro, día no que viaxou ao seu centro de orixe. Estivo facendo unha mobilidade con réxime de reciprocidade con Ema Tarnovietchi, alumna de 1º Bac A, no marco do programa Picasso Mob que forma parte do proxecto Erasmus KA-121-SCH.
Durante o recreo fíxoselle entrega do Certificado de participación polo seu paso no Ies de Arzúa. O luns pola tarde, puido acercarse xunto cos seus compañeiros de clase a Radio Arzúa para contar a súa experiencia e dar a coñecer o seu lugar de procedencia.
Dámoslle as grazas pola súa participación activa no centro, tamén esperamos que mellorara a súa competencia lingüística en español así como as habilidades comunicativas e sociais durante a súa estadía en Arzúa. Estamos seguros de que adquiriu numerosos coñecementos sobre a cultura galega e o sistema educativo vivindo en primeira persoa o día a día dunha estudante de primeiro de bacharelato do mesmo xeito que calquera compañeira arzuá.
Esta experiencia foi moi enriquecedora para toda a comunidade educativa por todas as vivencias compartidas. Desexámoslle moita sorte no ámbito académico, persoal e esperamos que poida conseguir todos os seus obxectivos propostos!
martes, 10 de outubro de 2023
ERSAMUS DAYS
Co fin de que toda a comunidade educativa do IES de Arzúa, así como todas aquelas persoas interesadas na internacionalización escolar, coñezan o programa Erasmus+ ‘Camiños de Europa’, o IES organizará a xornada de portas abertas ‘Apodérate nos Camiños a Europa’. Estaremos cun stand informativo tanto na entrada do noso IES como na praza maior da vila. Esperámosvos!
mércores, 4 de outubro de 2023
ERASMUS+ EN DINAN
Fin da nosa estadía en Dinan. O venres foi o noso último día no colexio Roger-Vercel. Consideramos que foi unha experiencia profesional e cultural de moito proveito. Esperamos transmitir as nosas aprendizaxes cunha finalidade de mellora na nosa práctica docente…!!!!
ERASMUS+ EN DINAN
O mércores e o xoves fomos ás clases de español, francés, inglés e tamén a unha clase para alumnos alófonos, alumnado inmigrante que non fala francés. Resultounos moi interesante interactuar con eles e coñecer as súas experiencias nos seus países de orixe. Tamén estivemos nunha clase de apoio para alumnos con moitas dificultades, chamada “Modules aides” de 1º eso (cinquième) onde se traballa dun xeito moi especial para adquirir hábitos de aprendizaxe. Observamos un alumnado moi disciplinado no trato co profesorado e participativo nas clases. Aproveitaron para facernos preguntas sobre o noso sistema educativa, o noso centro e sobre nós. Pola nosa parte, tivemos a oportunidade de movernos entre o alumnado e prestar a nosa colaboración na aula. No tempo libre puidemos coñecer a fondo esta cidade, destacando a Torre do Reloxo (La Tour de l’Horloge) e o Castelo de Dinan (Le Château de Dinan).
mércores, 27 de setembro de 2023
Erasmus+ en Dinan
Seguimos co noso segundo día de aprendizaxe por observación (job shadowing) en Dinan, vila medieval preciosa da Bretaña francesa duns 14.000 habitantes. Hoxe, comezamos ás 7h45 coas clases de Inglés, Matemáticas, Xeografía e Historia e novamente Inglés para alumnos con dificultades de aprendizaxe. Pola mañá, o alumnado ten catro horas de clase, rematan as 12h00 para comer e retoman as clases ás 13h25 ata as 16h30. Encantounos coñecer as diferentes maneiras de ensinar de cada profesor así como as metodoloxías empregadas e puidemos reparar como avalían por competencias e prestan axuda a aqueles alumnos que o precisan. Hoxe puidemos compartir o comedor co director do colexio, a coordinadora Erasmus Nadia e o profe de inglés James. Pola tard, fixemos unha percorrido moi interesante por Dinan e arredores.
Erasmus+ en Dinan
Hoxe foi o primeiro día de clase. As 7:30!!!!. Recibiunos Nadia, a coordinadora ERASMUS. O "Collège Roger-Vercel" onde estamos é un centro de secundaria (11 a 15 anos), que globalmente podíamos dicir que é similar en tipo alumnado e medios ao edificio da ESO do IES de Arzúa. O edificio é de pedra cunha parte mais nova onde están a maioría das aulas e o pavillón. Hoxe fumos a clases de Inglés e de Xeografía en distintos niveis. Tivemos a oportunidade de conversar en francés e en inglés co alumnado, que nos fixo preguntas en ambos idiomas. tamén puidemos observar o modo de traballar do profesorado, con moitas similitudes pero tamén con diferencias respecto ao noso traballo en Arzúa.
-
No seu segundo día da nosa mobilidade de acollida Erasmus+, o alumnado de Chequia e Italia comezou o día asistindo ás clases das materias de...
-
No claustro de finais de curso, as profesoras e profesores da equipa Erasmus+ expuxeron as sinerxias aprendidas durante as súas mobilidades ...
-
5° Erasmus + en Chequia Teresa y Lupe