mércores, 20 de decembro de 2023
Job Shadowing en Azores
O segundo e último día do seu job shadowing, o profesor Xurxo Feijoo tivo a ocasión de visitar unha mostra sobre o 50 aniversario do 25 de abril no vestíbulo da ES Jerónimo Emiliano de Andrade. O obxectivo da exposición é concienciar a rapazada sobre as importantes mudanzas que trouxo a instauración da democracia para a República portuguesa.
A mediodía, Xurxo Feijoo puido visitar brevemente a escola secundaria Vitorino Nemésio e conversar coa súa vicedirectora acerca de posibilidades de colaboración futuras.
Esperamos poder voltar de novo con mobilidades á illa Terceira para seguir incidindo na mellora cultural, ambiental e lingüística do noso alumnado.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
-
3° Erasmus + en Chequia Teresa y Lupe
-
Opava 1° Bach
-
Empeza o curso académico e o Equipo Erasmus do noso IES comeza coas reunións de traballo co fin de organizar as actividades e mobilidades pa...
Ningún comentario:
Publicar un comentario