mércores, 20 de decembro de 2023
Mobilidade de FP Duale en Azores
Vendo que chega o final da nosa estadía na Illa, decidimos aproveitar este último día con intensidade.
Comezamos a mañá coa visita á Reserva Florestal de Recreio das Furnas.
Quedamos marabillados coa soltura dos alumnos do IES de Arzúa, Antón e Laura, guiándonos polo viveiro de produción de planta endémica e de madeira, así como polo posto acuícola de cría de troita arcoiris. Tamén nos acompañaron os responsables da súa formación durante a FCT na Illa de São Miguel, Carina Nobrega, Lourdes Peñil, Adriano Pizarro e outros traballadores do servizo florestal, que recalcaron a calidade técnica destes alumnos e manifestaron o seu interese en continuar colaborando coa nosa escola.
A continuación, no Centro de Monitorização e Investigação das Furnas, coñecemos a orixe volcánica dos Açores. A seguir, puidemos experimentar de primeira man os efectos de vivir sobre un volcán activo no parque das fumarolas, onde aproveitando esta fonte de calor, cociñaron o cocido que degustamos no xantar.
Cando parecía que o día non podía depararnos máis sorpresas, adentrámonos no xardín botánico Terra Nostra. Este parque romántico incorpora unha secuencia de espazos ideados para non deixar ninguén indiferente: o paseo de gingkos bilobas, as coleccións de bromelias e camelias, a sucesión de lagos e lagoas e, especialmente, o estanque de augas ferruxinosas onde puidemos tomar un último baño termal rodeados de maxestosas Araucarias, especie sempre presente nas fincas señorais dos Açores.
Chegou a noite e quixemos despedir esta mobilidade cun grupo de alumnos de FP dual nos Açores, cunha cea nunha tasca típica no centro da cidade de Ponta Delgada.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
-
CURSO DE FORMACIÓN EN AZORES: “Outdoor Education - Sustainable education activities for health and environmental awareness” Finaliza o progr...
-
Sábado 4 de maio : Para comezar a nosa viaxe saímos do aeroporto de Alvedro da Coruña ás 13:45 cara a Madrid. Logo de comer atropeladamente ...
Ningún comentario:
Publicar un comentario