mércores, 20 de decembro de 2023
Tarento
Comezamos facendo unha foto de grupo na entrada do instituto, asistimos á nosa primeira clase de chinés na que nos ensinaron palabras básicas.
Na seguinte hora tivemos unha clase de varios deportes na que poidemos escoller cal xogar (fútbol, voleibol, ping pong...)
Ao rematar a clase fomos á aula para reunirnos e escoller un logo representativo do noso Etwinning SWAT, ademais de continuar co noso proxecto.
Despois volvemos ao ximnasio para practicar e aprender diferentes bailes e coreografías. Cando rematamos fomos ao laboratorio a comer algo previamente preparado na casa e ver un vídeo de despedida elaborado polos nosos compañeiros italianos con fotos de recordos.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
-
No seu segundo día da nosa mobilidade de acollida Erasmus+, o alumnado de Chequia e Italia comezou o día asistindo ás clases das materias de...
-
5° Erasmus + en Chequia Teresa y Lupe
Ningún comentario:
Publicar un comentario