A visita ao Parque Nacional dos Abruzos supón o comezo dunha relación de colaboración entre a Reserva Natural do Lago Posta Fibreno e o Parque Nacional aportando os primeiros experiencia na xestión de humedais. Compartimos visita cun grupo de estudantes e a profesora Eva Garcia do CIFP Monte Aragón de Huesca, tamén de Erasmus en Italia. Despois fomos ao Museo dedicado ao Lobo dos Apeninos.
Pola tarde Francesco Tomaselli de http://www.fibrenofficinali.it/
mostrounos a súa explotación de plantas medicinais, así como o proceso productivo, os seus usos e aplicacións.
venres, 26 de maio de 2023
Erasmus + Italia 24 de maio de 2023
Erasmus+ Italia 23 de maio de 2023
Día 2 na Reserva Naturale Regionale Lago di Posta Fibreno!
Hoxe as profesoras que participan no" job shadowing" (Erasmus +) na Region de Lazio, comezaron o día visitando o IIS Medaglia d´Oro Cassino. Neste instituto impártese formación profesional de marketing, agraria e administración e finanzas. Despois de mostrarlles as instalacións intercambiaron información co profesorado e alumnado do 5º curso do nivel técnico de agraria sobre o traballo que se desenvolve en ambos institutos e as posibilidades de colaboración para futuros proxectos.
A continuación, no laboratorio, o alumnado explicou o seu proxecto de produción de mel" no nome das abellas" así como o proceso de envasado e etiquetado para a venda final. Fixeron unha demostración de elaboración de limoncelo e obsequiáronnos cunhas riquísimas marmeladas elaboradas por eles mesmos. Finalmente, profesorado e alumnado mostráronlle as instalacións de produción de planta, o invernadoiro, a vide onde cultivan diferentes variedades de uva autóctonas da rexión de Lazio, cultivos hidropónicos e plantas aromáticas (incluíndo unha variedade propia de albahaca, o basilico napolitano).
Moitas posibilidades de colaboración no futuro! Grazie mille!
Erasmus+ Italia 22 de maio de 2023
Excelente acollida do Direttore da Riserva Naturale Regionale Lago di Posta Fibreno, Antonio Lecce ás profesoras de Erasmus + en Italia do IES de Arzúa: Susana Novo, Silvia Mira e Montserrat Pita. Gozaron dun paseo polo lago acompañadas polos estudantes de aproveitamento e conservación do medio natural, Damián Ramos e Xián Barreiro, que están facendo as súas prácticas de ciclo a través do programa Erasmus+.
Tiveron a oportunidade de observar especies características da reserva como cola de cabalo, mergullón cristado, galiñola negra, pita de auga, oliveira... e outras propias de humedais. Tamén viron trampas para estudar e reducir a poboación de porco bravo. Hoxe non houbo sorte pero procurarán atopar osos no Parque Nacional dos Abruzos, no corazón dos Apeninos Centrais. Mañá serán recibidas no centro educativo IIS Medaglia d´Oro Cassino e na Azienda Agrícola Cervelli.
venres, 12 de maio de 2023
xoves, 27 de abril de 2023
Segundo día de jobshadowing en República Checa, na escola de formación profesional Masaryk especializada en formacións de nivel superior: liceo ambiental, química, empresa agraria e formación básica en xardinaría, floraría, produción vexetal e gandeiría. Contan con máis de 600 alumnos e alumnas e unhas instalacións e equipamentos de alto nivel. Destacan: talleres agrarios, maquinaria agrícola e tractores, finca de cultivos e prácticas, granxa para diferentes especies (cabalos, aves, coellos, ovellas e cabras), invernadoiros, tenda agraria e floraría... así como aularios, laboratorios de física, química e bioloxía, ximnasios, zona de lecer... A plantilla de profesorado é de 68 persoas e as nosas profesoras participaron nunha clase práctica de bioloxía no laboratorio.
-
No seu segundo día da nosa mobilidade de acollida Erasmus+, o alumnado de Chequia e Italia comezou o día asistindo ás clases das materias de...
-
No claustro de finais de curso, as profesoras e profesores da equipa Erasmus+ expuxeron as sinerxias aprendidas durante as súas mobilidades ...
-
5° Erasmus + en Chequia Teresa y Lupe